728x90 Barcelona Santiago
Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago
 
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Mércores 05.09.2007  |  Actualizado 12.56

O medo ó fracaso lastra os nosos emprendedores
Á caza dos maiores investidores mundiais
Galicia busca ser unha locomotora no I+D+i de Europa
25 anos en imaxes
En rede 
atrás Engadir a Yahoo a nova Un telescopio virtual, o último en tecnoloxía Engadir a Del.icio.us a nova Un telescopio virtual, o último en tecnoloxía Engadir a Menéame a nova Un telescopio virtual, o último en tecnoloxía Chuza esta nova imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

ASTRONOMÍA

Un telescopio virtual, o último en tecnoloxía

O Grantecan vai ser pioneiro en transferencia de datos á comunidade científica

EFE . MADRID

O Gran Telescopio de Canarias (GTC ou Grantecan), o maior do mundo en óptica-infravermella e cuxo funcionamento se prevé para o verán de 2008, será "pioneiro" en transferencia de datos á comunidade científica mediante a súa conexión ó chamado Observatorio Virtual, ó que accederán os investigadores de forma gratuíta.

O Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental (Laeff), o maior centro español de datos astronómicos, situado en Madrid, e dependente do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), encargarase de xestionar os datos do GTC e de distribuílos a través do Observatorio Virtual a toda a comunidade científica. Para esta transferencia de información, terá que ter concluído por suposto o denominado período de "privacidade ou propiedade" dos datos durante o cal soamente o grupo investigador ten acceso a estes; en Astronomía, esta fase de propiedade de datos oscila entre un e dous anos.

Así o manifestou o investigador principal do proxecto Observatorio Virtual Español, responsable da Unidade de Bases de Datos do Laeff, Enrique Solano, tras afirmar que, "para un astrónomo, será infinitamente moito máis fácil traballar con datos do Gran Telescopio de Canarias".

O arquivo de datos do Grantecan, situado no Observatorio do Roque de los Muchachos, na illa da Palma, e que captou a súa primeira luz do ceo o pasado 14 de xullo, aínda que este ano será sometido á fase final de probas, será desenvolvido cumprindo os requisitos do Observatorio Virtual, que é unha recente iniciativa internacional que permite que un astrónomo poida acceder e analizar de forma fácil e eficiente grandes volumes de datos procedentes de arquivos distribuídos a nivel mundial. O procesado de datos do GTC realizarase no telescopio, e toda a información relevante ou asociada a unha determinada observación será transferida de forma automática ó Laeff.

Un proceso automatizado "con rigorosos controis de calidade" e no que xa se vén traballando, inserirá esa información no arquivo científico, asegurou o experto.

Segundo Solano, "GTC será o primeiro gran proxecto astronómico, cuxo arquivo se deseñe desde a orixe seguindo os estándares do Observatorio Virtual, o que o situará nunha posición de privilexio respecto de telescopios similares nos que a xestión dos datos e a interoperatividade con outros arquivos astronómicos é pouco eficiente".

Na súa opinión, a inclusión do arquivo do GTC no Observatorio Virtual garantirá unha óptima explotación científica dos seus contidos e será "peza clave" no cumprimento de dous dos grandes obxectivos do proxecto: a mellor comprensión de procesos astrofísicos xa coñecidos e o descubrimento de fenómenos e obxectos ata agora descoñecidos.

comentarios

Escribe o teu comentario

Alias

Chave

Para escribir os teus comentarios nas noticias, precisas ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

Título

Comentario

www.galicia-hoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

 
atrás Engadir a Yahoo a nova Un telescopio virtual, o último en tecnoloxía Engadir a Del.icio.us a nova Un telescopio virtual, o último en tecnoloxía Engadir a Menéame a nova Un telescopio virtual, o último en tecnoloxía Chuza esta nova imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade